Título "Insaciables" Guitarra, sintetizadores e voz:
/ alberto_busto_ Baixo, coros:
/ macikevicious Batería, sintetizadores e percusión electrónica:
/ a.l.barreiro Voz: Nervo Scratch:
/ djpol.gz Coros:
/ victortarela__ e
/ thisisdrod Mestura e master: Álvaro L. Barreiro Videoclip Dirección. cámara e edición:
/ sergiosteelgup Produción:
/ galunkproducions Letra: Aprender a matar o ego, aprender a pedir perdón. Brindade cando non estemos, chorade con esta canción. Non temos diñeiro, pero temos a forza da razón. Eu coñezo a Cris, vós a Nervo, prendendo lume e Rebeliom. Falas de talento para entrar de balde no show. Sei quen estivo cando facía frío, sei quen se arrimou ao calor. Ficade calados, memos: a vida non é un photocall, nunca foi negocio, pero procura botarlle paixón. Un león está ceibo, un minuto de silencio. Hienas piden os restos; sen suor non hai premio. Respectando aos primeiros, sen pisar os vindeiros, sendo son no silencio. INSACIABLES aprender a matar o ego, aprender a pedir perdón. INDOMABLES o límite do ceo, o lume da rebelión. INSACIABLES fame, traballo e respecto cuspido dende o corazón. INDOMABLES rompe o puto teito, somos raiba e paixón. Non vou respectar a quen fode; rencor, meu segundo nome. Amor e lume é o que nos move. Nacimos pobres pero nobles. Se mexan por nós, din que chove E o carallo 29. Prometen lereles en sobres; a industria como Al Capone. Pra min é Alberto, non Busto — ti que hostia tes que falar? Por él apreto ese fusco e poño ata deus a chorar. Saimos dende o Inframundo e estamos prontas para loitar. Foi moito lustro, fiasco brusco; agora toca gañar. Triple bypass, nin iso vos vai salvar. Somanta de hostias para eses nazis que agora queren cantar. Auga salgada da ría, arte e aceiro, non IA. Do que se come se cría; por iso, sempre desconfía. O mundo xira e xira e ninguén nos prepara. O tempo racha con todo e xamais para. A vida ás veces cuspe a realidade á cara. Se un día me vendo, ti só dispara.