12
Publicado o 2026-02-13

Unha produción de Seispés Producións Creativas · elmembrillo · Kachet · Lumedoloop Coa colaboración do Concello de Ames El é Borxa Nieves · Ela é Nastasia Zürcher Dirixido por Bastian Rodríguez Dirección de produción Julio Negueruela Dirección de fotografía David Suárez Dirección de arte Julia Amigo Iluminación e deseño de luces Dani Abalo Axudante de iluminación Brais Merela Axudante de cámara Daniel Pérez Silva Axudante de produción Sofía Naseiro Foto fixa David Lomba Vestiario Lumedoloop Cultura Urbana Shop Soundsystem Ghuin Rental Apunto · Filamento · Kachet Interveñen Alan Lores · Alberto Astray · Alicia Corral · Ángela LLavona · Begoña del Río · Canal · Carlos López · Fran López · Ghuin · Iván Lagares · Javier Mourón · Jose Rey · Julia Amigo · Julio Negueruela · Martiño Galbán · Noel Pérez · Rafa Varela · Rubén Pérez · Rubén Varela · Sofía Naseiro · Xabier Triñanes Unha canción de Lumedoloop feat. Nastasia Zürcher Gravada e mesturada por Javier Mourón en Rapapoulo Estudio Masterizada por Iago Pico en Pouland Studios Letra por Julio Negueruela e Javier Mourón Voces por Julio Negueruela · Javier Mourón · Nastasia Zürcher ??   / lumedoloop   Letra: Sombras devoran o antigo fulgor, sorben reflexos do espello interior; tan só o amor esvaece a dor, tece na luz fíos de cor. ...Mais hai saberes ancestrais, seres que posúen poderes sobrenaturais, habilidades especiais, forzas colosais, entes que escapan das leis dos mortais. Hai quen reflexa a maldade complexa, desexa a desgraza como sexa, sexa por envexa ou sen máis motivo que causar o mal para sentirse vivo. Cóidate das sombras, longas ou angostas, as miradas fondas cólganse das costas, non perdoan, enraizan devagar ata que a túa persoa queda soa, a alma voa e deixas de soar... Está no aire, nos versos daquel aquelarre, nos beizos que saborean o sangue; a perversidade é o pracer de verte render, derreter, mentres o teu ser arde... X2 Sombras devoran o antigo fulgor, sorben reflexos do espello interior; tan só o amor esvaece a dor, tece na luz fíos de cor. A súa mirada non me dana nin fai fenda nesta pedra, levo un puñado de sal coma ofrenda, aquela sombra medra ao longo e ancho desta senda, pero xa cortamos de raíz tan basta e mesta hedra. O meu escudo é un guerreiro de Xián e a luz da Alba disipa as fondas tebras só cunha mirada, xa fixemos fronte á nada, derretémola xeada, fixemos lume na alborada. O teu ollar abisal é un pozo fondo de mal, son queimaduras de cal, un escuro e profundo val, vibracións que rompen o cristal, que desatan fortes tempestades de sal. O único que ti proxectas só son ciumes, fumes que nunca acadan estes altos cumes, dende arriba ollamos a túa penumbra, onde esvaeces como orballo entre a bruma. X2 Sombras devoran o antigo fulgor, sorben reflexos do espello interior; tan só o amor esvaece a dor, tece na luz fíos de cor.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.