2.6K
Publicado o 2018-10-01

Vídeo gravado polos amigos de Calle Sonora hai unhas semanas nas inmediacións da capela da Grela (Codeseda-A Estrada). Pasámolo xenial tocando "Pepa" en plena natureza acompañadas polo baile de Marina de Moreira e Rebeca Tallón Armada.
Para quen non coñeza a canción... nela cantamos a historia de Pepa a Loba, a bandoleira do s.XIX que dá nome ao noso grupo, muller forte que saíu adiante superando unha vida repleta de adversidades. Que mellor elección para un directo a pelo feito dende as entrañas?! Agardamos que vos guste! 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.