1.9K
Publicado o 2020-03-05

Con motivo de animar á xente a saír á rúa o 8M, A banda da Loba saca este vídeo de "Morra o conto", tema incluído no seu segundo cd "Fábrica de luz", no que están acompañadas por oito artistas representativas de gran parte dos estilos musicais que se fan en Galicia: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw. Amizade, sororidade e música en sentido universal! Escachemos os espellos rachemos as ataduras unamos as voces coma se fósemos UNHA. Que MORRA O CONTO! Asaltemos as rúas! - Audio gravado e mesturado en Estudios Abrigueiro (Arturo Vaquero) * Colaboración de Adrián Saavedra na gravación dalgunhas voces - Vídeo de Seispés Producións Creativas - Letra inspirada no poema "O talle 50", de Andrea Nunes Brións, recollido en "Todas as mulleres que fun"

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.