2.9K
Publicado o 2020-07-10

- Letra en SUBTÍTULOS (GAL/ESP) - Presentamos a “Canción Legüera” nesta versión de confinamento, feita na distancia, uníndonos na música. É un dos temas do novo disco: “A Luz Prendida”. Cando a escribín estaba pensando en como maltratamos o noso entorno e en como a economía e os intereses están por riba do esencial. Mais tamén a escribín pensando que podemos cambiar o rumbo e que está na nosa man facer que iso pase “porque o que está por vivir ninguén por nós o decide”, e así ten que ser. Hoxe, no medio desta situación que vivimos, “Canción Legüera” cobra outra dimensión para min, volve con máis forza ca nunca e así queremos compartila con vós. Canción Legüera: Ailén Kendelman (Bombo Legüero) Laura Romero (Baixo) Iván Bernardez (guitarra) MJ Pérez (Guitarra e Voz) — Iago Blanco (Mistura) MJ Pérez (Montaxe Vídeo)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.