332
Publicado o 2021-03-05

Primeiro sinxelo do EP "Hasme oír", que sairá á rúa a comezos de abril como homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedican este ano as Letras Galegas. "Intempériome" fala de deixar atrás o aprendido, os prexuízos e os estereotipos, e avanzar cara o auto-recoñecemento para sermos a persoa que queiramos ser. Os coidados e a liberdade... a base fundamental. Letra: Xela Arias Música: A banda da Loba Ficha técnica: - Audio: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro) - Vídeo: Seispés Producións Creativas - Perruquería: Antonio Calvo - Maquillaxe: María Freire - Actrices: Julia, Carme, Marina, Bea e Lola Letra da canción (combinación de cinco poemas do libro de Xela Arias "Intempériome" (2003): Vide. Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo. Vide que vos convido a vos ver. Ven que te reto a te ver a ti desde ti en ti. Hasme oír, hasme oír: agora busco que coxugues ben o verbo dos posibles, e que ti esquezas esa radio de cousas previas amarrada sempre ós pensamentos, sempre ós pensamentos. Incéndiate á calor da observación. E repasa logo a ollada no pouso dos afectos. Hasme oír, hasme oír: deixa que te percibas a ti, que te percibas tamén ti atropelada das palabras, á procura de trazos que nos describan. que nos describan. Intempestiva, serse intempestiva. E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia á procura da froita madura. Vencerse é cousa de se tratar. * Este proxecto conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística como proxecto apoiado no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.