Letra e música: Carlos Abal Carlos Abal_guitarra acústica, española e eléctrica 12 cordas. Ramón Nuñez_voz. Pachi García "Alis"_misturas & mastering. Carlos Abal_video Lyric. Hai días que escapan que non teñen cura días que tenden a cronificar Hai horas que son miñas e non poden ser tuas Hainas que vivir Hainas que matar Como un dente de león agardando que alguén lle sopre Como unha estruga que está desexando que alguén lle toque. Hai días que empezan cubertos de fume días que tenden a clarificar Hai horas que enturban hai rectas, hai curvas minutos que queren sedimentar Como un dente de león agardando que alguén lle sopre como unha estruga que está desexando que alguén lle toque.