320
Publicado o 2021-05-11

letra e música: Carlos Abal RAMÓN NUÑEZ_voz GUADI GALEGO_voz e coros CARLOS ABAL_guitarras, mandolina, lap steel e piano PACHI GARCÍA "ALIS"_misturas e mastering CASA DESHABITADA Quero empezar a vivir a vida Como se foora una casa deshabitada Quero pintar as paredes espidas Abrir as xanelas e portas que están pechadas Quero prender o lume na sala Quero queimar todo aquelo que me fala de vaidades, adobíos, que non deixan ver o que hai detrás. Quero afinar o piano Quero facelo soar Quero afinar a guitarra Quero bañarme no mar Quero correr polo monte Quero verte sorrir Quero derrubar as pontes E illarme en ti. Teño dous cadernos con palabras unhas que escoitan, outras que calan. Teño duas mans que me apuntalan ora con forza, ora con calma. Teño os pes chantados no río Teño o pescozo entalado polo frío deste inverno que non anda, de agardar que o vento amainará. Quero afinar o piano Quero facelo soar Quero afinar a guitarra Quero bañarme no mar Quero correr polo monte Quero verte sorrir Quero derrubar as pontes E illarme en ti.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.