502
Publicado o 2021-05-18

Con motivo do día das Letras Galegas 2021, publicamos o videoclip de "Darío a diario", unha das cancións que se inclúen no último traballo discográfico da banda, "Hasme oír", dedicado completamente a Xela Arias. Trátase dunha mensaxe de amor de Xela a seu fillo Darío, mais tamén dun legado para todas as mulleres sobre a maternidade entendida como un lugar onde cohabitan o amor e o racional, a protección e a liberdade na evolución do fillo. Un lugar onde é natural sentir medos e inseguridades sen ter, por iso, que vivirnos con culpabilidade. Ficha técnica: - Letra: Xela Arias - Música: A banda da Loba - Guión e ilustración: Lara Porto - Edición de vídeo: Seispés Producións Creativas - Gravación e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.