299
Publicado o 2021-06-14

Bandeira é unha canción patriótica que fala sobre lembranza, identidade e amor. Sobre estar en soidade conformando a propia identidade nun mundo que xira alleo aos nosos desexos pero sobre o que podemos deixar a nosa pegada, por íntima e ínfima que esta sexa. Rubén Domínguez construíu sobre esta armadura nostálxica un mundo de imaxes fixas (un mundo anterior) que berran á cámara en silencio, unha resposta xorda ao videoclip de Burato que xa iluminou o primeiro single do primeiro LP de Peña. Do seu propio realizador: "Cando aínda se cre lembrar, o esquecemento xa está en marcha." 'Carreiro' foi publicado o 23 de abril de 2021 en vinilo, CD, cassette e nas plataformas dixitais, da man do selo Repetidor. Música: Peña (Toño Magariños, Rubén Abad e Elena Vázquez) Realización: Rubén Domínguez Interpreta: Mar Catarina

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.