290
Publicado o 2021-06-22

música e letra: Carlos Abal Carlos Abal_guitarra acústica, eléctrica, metalófono e melódica Ramón Nuñez_voz Pachi García "Alis"_baixo, batería e órgano mesturas e mastering_Pachi García "Alis" pintura_Xandre Otero Ata onde chega o mar? e ata onde a area? Por que se esconde cando non está? por que me afunde a marea? Ata cando vai estar en ti? ata cando vai estar aquí atacando a nosa fortaleza, sentado á nosa mesa, desencaixando as pezas? Como a noite, vai e ven hoxe hai oferta, mañá non ten Ato cabos para non arriar solto lazos para non estancar Como a cidade e o ceo negro afoga aos que camiñan Como a humidade, as tempestades e as espiñas Como ese vento que che dá a volta As preguntas non resoltas...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.