437
Publicado o 2021-11-27

Unha reflexión desde o persoal ao coletivo. A visibililidade de todas as incoherencias própias e alleas que nos cercan, ver como pasan as inxustizas por diante e non ser quen de poder mudalas. Un desafío ao inmovilismo para non ignorar tantas veces o inxusto presente, para poder construir o futuro que queremos. Una reflexión desde lo personal a lo colectivo. La visibilidad de todas las incoherencias propias y ajenas que nos rodean, ver como las injusticias siguen adelante y no hacer nada para cambiarlas. Un desafío a la inmovilidad, para no ignorar en ocasiones el presente injusto, para construir el futuro que queremos. PÍCANME OS OLLOS De pensar a contratempo de andar contra do vento por querer o que non teño por ter máis do que preciso. De lembrar un só pasado Procurando un só futuro De saber que son pequena e intentar disimulalo. De contar cen mil estrelas De non telas e buscalas De arrincar mala herba De agardar pola xustiza. De ver xente que ninguén conta. Pícanme os ollos Por durmir pouco Por non usar os lentes Por ser cómplice do medo Aceptando a man de ferro. De abrir portas ao baleiro pendurada dun mal fío De correr e ser máis lenta por querer beber o río Polo das persoas que pasaron e pesaron Cada minuto que pasa un home queima un home mata O mundo arde a vida inflama.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.