401
Publicado o 2022-02-08

"TRIBO", manda, comunidade... a rede de coidados que nos sustenta no noso día a día. Esta canción é o primeiro adianto do disco "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Como? Apoiándonos na nosa manda! Aquí estou para ti. Aquí estás para min. Somos tribo, somos manda, bandoleiras do país! FICHA TÉCNICA: Letra e música: A banda da Loba Gravación e mastering: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios) Vídeo: Seispés Producións Creativas Moitas grazas a Diego, Candela, Eila, Rocío, Sarai, Luís, Rosa, Lara, Paz, Elisa, Iago, Iria, Javi, Juanito e Miguel por prestarse a saír neste videoclip e por ser parte da nosa manda. SÍGUENOS EN RRSS: Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/ Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba/ WEB: https://www.abandadaloba.gal CONTRATACIÓN: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. LETRA DA CANCIÓN: Recoller porta por porta as memorias. Contar os éxitos, contar fracasos. Levalos ata a beira, sorrir ás compañeiras, cada unha ten un inventario. Disolver remorsos, lavar as culpas. Aclarar para sempre as vellas dúbidas. Torcer e retorcer, os medos outra vez, tender ao sol complexos e ataduras. Aquí estou para ti. Aquí estás para min. Somos tribo, somos manda, bandoleiras do país! Molladas con auga e xabón, clarean as penas ao sol. E calan as tristuras, e soan alegrías, entoan este himno que di:

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.