504
Publicado o 2022-02-25
Estreamos o video-clip 'De tu casa a la mía' dirixido por Carlos Abal. É o single do disco homónimo que gravei con JAVIER RUIBAL,un retrato musical de Rosalía e Federico, editado por Karonte Distribuciones!
Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando esa irmandade e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.
Tres músicos extraordinarios se sumaron a esta aventura: Sérgio Tannus, Marcos Teira e Javi Ruibal.
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.