735
Publicado o 2022-03-08

A banda da Loba toma o seu nome de Pepa a Loba, a bandoleira do século XIX que, superando todos os obstáculos que a vida lle ía poñendo por diante, acabou por converterse na líder dunha banda de homes que, fóra da lei, asaltaba á xente rica para axudar ás familias máis desfavorecidas. Hai anos fixemos da súa historia canción e esta converteuse nun himno para a nosa banda. Regravala pasado o tempo tirando do aprendido e facer este videoclip eran, sen dúbida, causas pendentes. Porque se de algo estamos orgullosas é de espallar a súa historia por todas as cidades e vilas nas que actuamos. Porque todo o mundo coñece a Robin Hood, pero, por que será que a nosa Pepa non é tan coñecida? Superación, empoderamento e valentía para celebrar o 8M deste 2022. FICHA TÉCNICA: - Letra e música: A banda da Loba - Gravación de son e mastering: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro) - Videoclip: Produción: Seispés Producións Creativas Cámara e edición: WeAreCinema - Elenco: Pepa: Cristina Andrade Pepa de nena: Elisa López Santamaría Albeite: Iván Tourís Fresco Tía Dorinda: Tamara Sánchez Ribadas Tío de Pepa: Iago Martínez Anta Bandoleir@s do s.XXI: Adrián, Alejandra, Ana, Bea, Cris, Daisy, Diego, Eloy, Fátima, Geli, Juan, Laura, Laura Moraima, Lola, Luís, Marcelo, Miguel, Mike, Miriam, Patty, Paz, Porto, Raquel, Rosa, Sarai, Sita, Uxía, Xacobe, Yaiza e Ziggy SÍGUENOS EN RRSS: Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/ Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba/ WEB: https://www.abandadaloba.gal CONTRATACIÓN: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.