929
Publicado o 2022-03-21
"O single que hoxe, co inicio da primavera, presenta Secho cobrou un novo significado coa pandemia, que parou a saída do disco e vólvese resignificar nestes días violentos que está a vivir o mundo. Como con tantas outras cancións concibidas antes de 2020 e antes do pasado mes de febreiro, ‘Recuperar’ acadou unha dimensión que extrapola a súa mensaxe e nos toca a cada unha de nós: Ningunha conquista é para sempre."
É un pracer estrear este clip o día da poesía e da árbore no comezo da primavera. Agardo que vos guste e que entre todas poidamos encetar este "Recuperar".
??: Nela Fraga
Son: Iago Pico