Novo videoclip karaoke BEO BEO O XACOBEO LETRA DE VACAS: Son moitos peregrinos que nos chegan a Santiago cada día Buscando o abrazo do Apóstolo e mamarse na Raiña Sigo vivindo aquí teño AirB&B saco unhas perriñas Deixa que cheguen máis, que traian a tiña Beo Beo o Xacobeo Porque é un miragre que teñamos outro ano Xacobeo Beo Beo o Xacobeo Xacobeo Xaco quero teño gana de perreo Beo Beo o Xacobeo Porque un miragre Dous Xacobeos Beo Beo o Xacobeo Vinte na Catedral co teu zurrón, a cantimplora e a vieira (ahh) Paguei con moito gusto os impostos da reforma, goza dela Quero ir o Decathlon Da túa man a pola Quechua e unhas chanclas Camiñar contigo ata o faro de Fisterra Durmir xuntiños na praia Sigo vivindo aquí quero peregríns na miña camiña Deixa que se empadroen na oficina Me sacaste de la oscuridá Welcome everybody a mi ciudá Non entendo que idioma falas Pero ponme a tua espiritualidá Que a túa fe me traspasa Non durmas tirao na prasa Vente comigo pra casa O viño do Franco parece veleno Non o bebía pero agora me enamoré Arrolicarnos no botafumeiro Ponme mirando po pórtico Gloria nos dea Beo Beo o Xacobeo Porque é un miragre que teñamos outro ano Xacobeo Beo Beo o Xacobeo Xacobeo Xaco quero teño gana de perreo Beo Beo o Xacobeo Porque un miragre Dous Xacobeos Beo Beo o Xacobeo ...Quero un terceiro.