858
Publicado o 2022-03-25

Segundo single do álbum "Ascensión" - Música e letra de Seso Durán - Producido por Iago Lorenzo Masterizado por Robin Schmitd INFINITESIMAL Nin a vida que esperabas, nin a vida que tiveches. Tes que contar con que sempre acontece o que nunca pensaches, o que nunca planeaches non estaba no mapa e aparece. Nin perdidos nin máis sabios, nin simples nin perfectos. Cando hai que durmir pechamos os ollos e negamos a tristeza e gardamos os segredos, elaboramos teoremas de resurrección. Nin victoria nin derrota; alguén, algún día, dirá que a diferenza entre caer e voar tiña un peso infinitesimal. As horas transcorren nun domingo perpetuo, mareados por esta sensación de néboa. Os pasos perdidos e os días felices quizais axuden a volver, a volver. Nin victoria nin derrota; alguén, algún día, dirá que a diferenza entre caer e voar tiña un peso infinitesimal. Nesta versión de tempo e espazo imponse a hibernación; e alí, na cova, proxectan sombras, son: xogos de imitación. (Letra e música de Seso Durán) Dirixido por Alex Penabade e David Hernández Guión de Seso Durán, Alex Penabade e David Hernández Producido por ADARME VISUAL Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. www.sesoduran.com INQUEDANZAS SONORAS 2022

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.