1.2K
Publicado o 2022-04-08

Este videoclip forma parte do DOCUMENTAL "Inês, aquilo que nos une", unha peza audiovisual que conta en galego a historia de Inês de Castro, realizada co apoio dos Fondos Xacobeo 21.22 e que podes ver completa aquí: https://youtu.be/2hsGLs--_8s "Agarda no horizonte" é unha canción orixinal de MJ Pérez inspirada na historia de Pedro e Inês, unha páxina fundamental da historia de Portugal que foi fonte inesgotable de inspiración no mundo das artes ao longo dos séculos ata a actualidade. Esta peza musical, escrita e composta por MJ Pérez, foi gravada en Drum&Roll Studios e conta coa colaboración especial de Ailén Kendelman na percusión, Beatriz Salas na arpa e Alberto Romero na guitarra clásica. Gravación, mistura e máster ao cargo de Iago Blanco. O videoclip foi gravado en Coimbra no verán de 2021, coa colaboración de Pablo Lomba como auxiliar de cámara. Foi gravado en diferentes puntos da cidade e na Quinta das Lágrimas, nos lugares emblemáticos desta historia coma é a árbore e a Fonte das Lágrimas. Conta tamén con imaxes do documental que mostran os túmulos de Pedo e Inês que se atopan no Mosteiro de Alcobaça, así coma animacións feitas a partir de ilustracións orixinais de Laura Romero que fixo para este documental. MJ Pérez canta esta canción e realiza este documental para dar a coñecer a historia de Inês de Castro na Galiza, pois sendo Inês de orixe galego, é unha historia case descoñecida a esta beira do Miño.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.