878
Publicado o 2022-04-30

“Dime, ti que ves?” "Dime, que farás?” Interpelamos a quen ostenta o poder e apelamos á responsabilidade daquelas persoas que atesouran os grandes capitais. Facémolo con este canto contra a “Cobiza”, unha chamada de atención que convida a reflexionar sobre o noso lugar no planeta e sobre a imposibilidade de soster no tempo este modelo económico feroz e destrutivo. Foi a novela homónima de María Reimóndez a faísca coa que prendeu este lume, mais nós, quixemos deixar un oco á esperanza nesta canción recollida no noso cuarto traballo discográfico, "Xabón Lagarta". “Párate a pensar/ reescribir de cero a historia de nós dependerá”. FICHA TÉCNICA Dirección, gravación e edición: Lucas Terceiro Actor principal: Pablo Fontenla Corpo de baile: Xiana Vilas (dirección) María Paula Balcázar Hurtado Mariña Ferreiro Vilariño Sabela Gauranga Miguel Gendre Jose Gregorio Vera Guillermes Equipo de arte: Director artístico - estilismo: Antonio Calvo Vestiario: Conchi Silvent Maquillaxe: María Freire, Nagore Rodríguez e Nerea Sánchez Perruquería: Justo Seoane e Lucía López Atrezzo: Montse Vilela Produción: Xiana Lastra, Adrián Gómez e Martiño Fernández (Seispés Producións Creativas) Making: Román Sanín Coa colaboración do Concello de Ames na cesión das instalacións para a rodaxe. SÍGUENOS EN RRSS: Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/ Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba/ Twitter: https://twitter.com/abandadaloba/ WEB: https://www.abandadaloba.gal CONTRATACIÓN: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. LETRA: Dime, ti que ves? Se ignoras os paxaros que te alertaron unha vez. Dime, que farás? Esfúmase a esperanza resoan ecos sen parar. Laralalelolalelolalá cobiza Carreira mortal: A túa indiferenza. Pisar cabezas dáche igual. Carreira letal: A túa propia trampa é o teu ego para te alimentar. Laralalelolalelolalá cobiza Probaches todo para dividirnos. Ciscaches medo para inhibirnos. Preguntas e simulas sorprendido: cara a onde imos? Múrchase o corpo, apodrece o van. Nula empatía polas que virán. Pecha os teus ollos para respirar, comeza a conta atrás. Párate a chorar e morde a túa lingua non podes dixerir metal. Párate a pensar Reescribir de cero a historia De nós dependerá.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.