977
Publicado o 2022-06-15

⚡VILLANELLE VIVE!⚡ E por iso quixen facerlle esta homenaxe. Por todo o que nos fixo sentir e vivir na pequena pantalla a través da interpretación maxistral de Jodie Comer. Villanelle (Killing Eve) é unha personaxe que rompeu os esquemas e conquistou a moitas persoas. E a min non me deixou indiferente. Fíxome rir incluso nos peores momentos e sentirme un pouco menos soa navegando na loucura. No fondo, todos somos un pouco Villanelle. E por iso fixen esta canción. Mais este tema ten unha doble lectura, pois non falo só de Villanelle, falo moito de min. “Coma Villanelle” representa ruptura, representa cambio. Non hai nada mellor coma deixarse levar polo instinto. Non hai nada coma recuperar a esencia. Non hai nada coma facer o que che dea a gana. Non hai nada coma a autenticidade. Grazas Villanelle.

? VIDEOCLIP ? Producido por MJ Pérez Estilismo, Maquillaxe e Perruquería: Susi Silva Dirección Artística: Gustavo Dieste Dirección de Fotografía: Iago Vilarinho Edición, Montaxe e Cor: MJ Pérez Animación Lyric: Antón Varela Making Of: Wearecinema Costura: Dina Ferreira e Clotilde Garea Gravado en La Colmena Estudio Creativo Agradecementos especiais: Yolanda Pérez, Vicente Vázquez e Laura Romero ? MÚSICA ? Unha canción orixinal de MJ Pérez Gravada, misturada e masterizada por Iago Blanco en Drum&Roll Studios Batería: Iago Blanco Baixo: Iván Bernárdez Guitarra: Alberto Romero Hammond: María Galdón Asistente de gravación: Raúl Charro

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.