854
Publicado o 2022-11-24

Primeiro single de " A túa ausencia neste ar", o cuarto traballo dos composteláns FANNY & ALEXANDER Letra e música: Fanny & Alexander Spoken Word: Lucía Aldao O DISCO Doce anos son os que levan ausentes Fanny & Alexander da música galega. Un desterro obrigado pola teima do destino ao que poñen fin con "A túa ausencia neste ar", o seu cuarto disco longo. Un novo album no que, coma o mariñeiro embarcado, a emigrada retornada ou o exiliado político, voltan a casa na percura do que foron. Trás "Lusco e fusco" (2006), "Finais dos 70s, comezos dos 80s" (2007) e "Alfaias" (2009) chega esta novo traballo, un disco de querencia conceptual no que todas as cancións xiran arredor da perda, da ausencia, do que se pode perder nun simple xiro argumental da vida: os pais, os avós, un fillo, o amor, a consciencia dun mesmo, a individualidade coma persoa... Un fío argumental que tece saudoso nove novas cancións que aloumiñan sen drama nen remorso esa nostalxia que abrolla da perda, facendo das músicas ferramentas reparadoras. OS VERSOS O dúo compostelán continúa coa tradición dos seus anteriores traballos adubando versos emprestados de poetas galegas co seu pop saudoso carregado de experimentacións bastardas co folk, o shoegaze, a electrónica e mesmo a música de cámara. Nesta nova entrega a lista de autoras que emprestan as súas verbas é, felizmente, 100% feminina e máis longa ca nunca, tanto nas letras das cancións (Lorena Souto, Antía Otero, Arancha Nogueira, Marga Tojo, Ledicia Costas, Xess Mondelo e Charo Lopes) coma nos miúdos spoken words que arrolan por todo o disco (Lara Dopazo, Lucía Aldao, Alba Cid, Luz Fandiño, Theresa P. Lousame, Xela Arias e Nuria Vil). O VIDEOCLIP O primeiro single do disco, a homónima "A túa ausencia neste ar", chega tamén en forma de videoclip, coma sempre realizado por eles mesm@s sendo fieis ao Do It yourself que sempre os caracterizou. “A túa ausencia neste ar” é unha das dúas cancións do disco cuxa letra é do propio grupo e unha das máis explícitas e persoais, contando ademais cun moi acaido spoken word da súa admirada Lucía Aldao. https://www.fannyealexander.net/ https://www.aregueifa20.net/2022/11/f...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.