1.9K
Publicado o 2022-12-10
Penélope é o último sinxelo antes da saída do disco.
O clip de @ines_s_gontad ten unha visión única e liberadora.( grazas todas Inés quérote e admírote).
Este poema de Xohana Torres merece polo menos unha ronda enteira e non estes 15 segundos de petisco, antes de pasar á seguinte dádelle unha escoita ou visión na canle de YouTube ou nas diferentes plataformas dixitais que é de balde.
Grazas a todas as Penélopes que me acompañastes nas viaxes, nas boas e nas non tan boas, sodes tantas e tan diversas que non me chegaría o papel, algunhas nen me coñecedes, outras demasiado.
Letra; Poema "Eu tamén navegar' Xohana Torres 1992.
Música ;Guadi Galego.
Producido por @ivanferreiro @sergiompuga @guadigalego e @oliverastudi
Pd; penso seguir navegando na calma e no vendaval e por moitas veces que encalle sei que sempre haberá algunha para volver "armar o barco".
A ti Bego, e a todas as que seguimos en ti.
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.