879
Publicado o 2023-02-11

"A pantasma no espello" é o segundo sinxelo de " A túa ausencia neste ar" (A Regueifa Plataforma 2.0, 2022), o álbum que supuxo o rexurdimento do dúo compostelán Fanny & Alexander trás unha década en barbeito. Baseado nun poema de Lorena Souto escrito ad hoc para o disco, a canción enfía a temática común do disco, a ausencia, dende o prisma máis persoal posíbel, a ausencia dun mesmo, da propia conciencia. Un enfoque ao que aporta un especial valor engadido o Spoken Word de Theresa P. Lousame arredor da arbitrariedade da memoria. A banda, de novo autora do video sendo fieis á súa devoción polo Do It Yourself e o amateurismo vocacional, contrúe a través de filmacións propias e de stock unha metáfora visual da destrucción interior do "eu" que serve de soporte a unha canción/poema que retrata con crúa honestidade a demencia dxs nosxs maiores: a perda da memoria ("Van caendo recordos coma se fosen pel morta"), da consciencia de quen és ("Que me queda se non me recoñezo?") e a súa imparábel progresión ("Mentres se expande o xeo como planicie no ártico"),imaxes poéticas ás que todxs podemosm poñer nomes propios máis ou menos próximos.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.