752
Publicado o 2023-03-09

Primeiro adianto de "II", o segundo disco de Grande Amore. O vídeo fíxoo Xaime Miranda na Parrillada San Pedro. Un millón de grazas a Carme por deixarnos armar o que alí armamos. Un millón de grazas tamén a Aida, Andrés, Azules, Becerra, Campillo, Candita, Carlos, Casi, Diego, Elena, Guadalupe, Humberto, Inma, José Antonio, Lila, Magín, Mario, Miranda, Moncho, Onésimo, Pepe Blanco, Pilar, Pupo, Roberto, Rosa, Santi, Silvino, Simeón, Sindo, Toño e Xosé Lois. A canción foi producida por Carlangas. As voces graváronse en Estudio Silencio con Juanjo Reig, e a mestura fíxoa Raúl Perez en La Mina. A letra da canción é esta: Desta mierda nunca me falaron. Naide ten piso, naide ten traballo. Naide ten moi claro se ten que marchar e eu, aquí tirado, jodido e pensando que ningún traballo merece a pena de buscar un traballo que mereza a pena. Por que durmo sempre co coitelo nos dentes? Por que todo ten que ser así, unha pelea? As casas tan cheas de xente chorando, e os que piden, pedindo. E os cantantes, cantando. Falando dun amor que nunca sentiron. Todos moi guapos, todos moi listos. Pero naide ten piso, naide ten traballo, e dentro de nada vamos ter trinta anos. Por que todo é de broma mentres todo é cada vez máis caro? Non quero ser pobre nin quero ser rico. Parece mentira todas as movidas coas que hai que pelarse todos os días, namais que pa poder seguir aquí, peleando con cen mil movidas. Queren que faiga cancións máis bonitas, cando eu, moitos días, o único que quero é pelea. Pódesnos seguir en: INSTAGRAM: https://www.instagram.com/grande.amor... TWITTER: https://twitter.com/Grande_Amore_OG Espero ter subido ben o vídeo e que non pase ningunha desgracia. Ou, se pasa unha desgracia, polo menos que o vídeo quede ben subido.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.