712
Publicado o 2023-04-13

cando estás durmida - Filloas Agradecementos: David, Iván, Alex, Elisa, Jesse, Ana e Laura LETRA: Cando estás durmida e todo está en silencio vólveme a soidade e en todo o malo penso Teño medo a morte e de botar de menos porque cando o estiven so quería vervos Vin normal aos vinte estar morto en vida e tirei ao lixo os meus mellores días vivo entre zombies e deixo coma eles regueiros de sangue arrincando as peles O día dos mortos eu volvin á vida e vin que me agaraban as miñas amigas Enton decateime: sempre ali estiveran que é cedo pra todo e tarde para nada Cando estás durmida Non podo soñar Cando estás durmida Non podo soñar Cando estás durmida e todo está en silencio atrevome abrirche un mensaxe directo dicindo que na vida falta mais cariño e acordo do grupo e me poño un disco Despois da mensaxe mandoche un sorriso e poño por erro a boca triste e envío xuro que é verdade que nin eu o entendo pero nunca un erro fora tan sincero E non o corrixo de feito me esquezo e axiña me perdo nos meus pensamentos: Que como cambia tanto todo nesta vida se lle das a volta todo é perspectiva Cando estás durmida Non podo soñar Cando estás durmida Non podo soñar Veñen da rua máis gritos e gritos Cans ferido pedindo auxilio Mozos e mozas marchan perdidos A zona vella pedindo auxilio REDES DE FILLOAS: - Spotify: https://open.spotify.com/artist/4lXmj... - Instagram: https://www.instagram.com/o.filloas Booking: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.