1.1K
Publicado o 2023-05-16

Lingua perversa xa está aquí!! E da man cos @Monouliousdop !! Polo día das Letras Galegas 2023 decidimos recrear este ambiente festeiro, apelando a que é este un dos espazos principais onde máis se desata a lingua, para ben ou para mal. A linguaxe non é inocua, a linguaxe é perversa, porque nomea a realidade segundo un modelo social tamén perverso. O sistema patriarcal invisibilízanos e descualifícanos empregando todas as súas armas, pero nós tamén temos lingua e podemos escoller como usala. Quen quere xogar? Vivan as lagartas, as cadelas, as lobas, as víboras, as vacas e demais bichería! Ficha técnica: Figuración e coros: Geli, Cris París, Patricia París, Marisilla, Abel, Breogán Mera Cao, Diego Cidrás, Iago Lestegás, Xacobe Varela, Eloy, Yaiza Peixoto, Pista, Paz Rodríguez Carvalho, Lourdes Lista, Mari Lista, David Carrera, Liza, Katiana, Tamara, Xurxo, Iván Tourís, Nair, Noe Couto, Rocío Mejuto, Adrián Real, Alejandra Muñiz, Bea Lede, Sandra, Carolina, Azaa, Adri Lemos, Sergio González, Rocío Dono, Lara, Cristóbal, Marga, Lua de Sousa, Sara Martínez, Nieves, Carmen, Marisa, Brais e Dyango. Dirección: Lucas Terceiro Produción: Seispés Producións Creativas Iluminación: Sergio González Maquillaxe e perruquería: Nerea Sánchez Making: Román Sanín Snorrycam: Jorge Castro Son: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro) Coa colaboración de: Sala Sónar e La Gramola Letra: - Vexo a lúa escintilar a luz anuncia que comeza a festa! Atentas! Son un tigre, un lobo, un can.- (Cansino) Esta noite son un galo, estou na cresta! Nada pode ir mal! - Tigresa de Bengala, collo o chisqueiro e prendo a chama, loba líder da súa manda, cadela con pedigree! Lingua perversa, noite mutante présa de presas. - Uf! Creo que despois deste baile...preciso un duchiña que estou suando cousa fina. - Con lagarto? - Con lagarto de que? Non, non, eu dúchome só, non quero animais de compañía. - Tas ti bo! Con xabón de lagarto, que é o que usaban as lavandeiras. - Eu prefiro...xabón de lagarta - Vexo a lúa escintilar a luz anuncia que comeza a festa! Atentas! Sixilosa en silencio repto a pista e chisco os dedos - Víbora, es víbora, víbora, lingua bífida! - Cun asubio sonoro e sexi achégome á pista a gastar as tenis - Víboro, es víboro, víboro, hervíboro víboro, carnívoro. - O que non mata, vale para engordaaaar! O que non me mata… Ti xa verás! Lingua perversa, noite mutante présa de presas.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.