566
Publicado o 2024-03-01

Videoclip de "Os días felices" de Anxo Araújo, tema incluído no disco "Aprender a bailar" (2024). Realizado por A Carrinha Vermelha e baseado nunhas cintas familiares en Super 8. OS DÍAS FELICES Xa sei que sería imposíbel manterse nas túas ramas de cristal por sempre. Xa sei que é o ciclo da vida, que por moito que brille unha estrela, ao final, terminará por se apagar. Tal vez os días felices son os que estamos agora a contemplar con ollos fundidos. Tal vez si que exista o infinito e por iso xa non estás trala ventá pola que che vín sempre na primavera florecer. Gravado entre Unha Casa Calquera (Poio) e Garaxeland (Compostela). Técnico Garaxeland: Edu Vidal. Mestura: Anxo Araújo. Mastering: Victor Garcia (Ultramarinos). Faus Camaño: Batería. Julio Visi: Percusións. Borja López: Ventos. Anxo Araújo: Voz, guitarra, baixo, teclados e sintetizadores. Máis info: https://www.anxoaraujo.com

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.