292
Publicado o 2024-04-17

Lucía Aldao e Fanny & Alexander estrean videoclip para "A da misántropa riquiña", unha peza protagonizada pola poeta coruñesa e realizado polo propio dúo compostelán que pon imaxes a un dos temas incluidos no álbum MANIFESTAS VOL. I MANIFESTAS é un proxecto musical que reivindica o papel protagonista das abondosas voces femininas que habitan a escena galega, unha conquista que xunto co pulo da lingua e a naturalización da tradición  teñen sido eixos fundamentais na normalización da nosa música nos últimos anos.  “MANIFESTAS Vol. I” é a primeira entrega dunha serie de EPs nos que Fanny & Alexander remesturarán músicas dalgunhas das máis poderosas voces femininas da escena galega. Unha proposta, tan sinxela coma complexa de executar no musical, que ispe as cancións das súas roupaxes orixinais para voltalas construir dende os propios alicerces vocais en forma de reinvención en clave electrónica, levando as pezas orixinais a territorios tan inéditos coma as pistas de baile. Para este primeiro volume, que xa se atopa en todas as plataformas dixitais, as sinerxias confluiron con Su Garrido Pombo, que aportou “O outro lado” do seu último traballo “Patios de luz”, Lucía Aldao, que emprestou “A da misántropa riquiña” do seu “Pava 2”, Ugia Pedreira que fiou “Vida ainda” do seu primeiro traballo como A Pedreira e Mai que encomendou “Big Bang” do seu disco de debut, “Nigredo”.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.