326
Publicado o 2025-04-14

E ti? Coñeces as normas do xogo do amor? Nesta canción coproducida co grupo de electrónica Terrae falamos da necesidade de non nos perder no reflexo da persoa á que queremos creando relacións tóxicas. Cando por fin nos buscamos e nos atopamos, descubrimos que as regras dese xogo no que non nos educan eran moito máis sinxelas e fermosas do que pensabamos, e, aprendendo a amarnos, aprendemos tamén a amar a quen nos ama. Acompañamos esta mensaxe tan importante cunha visión do máis orixinal, a de Pablo Fontenla (CREA), director deste videoclip. Foi gravado nunha nave na Estrada, nun plano secuencia sen cortes en tan só 12 segundos! Un período de tempo que, grazas a técnicas de gravación a altísima velocidade nas que se captan máis fotogramas por segundo, pódese estender despois ata a duración total do tema musical. Ficha técnica: Dirixido por Pablo Fontenla (CREA) Producido por Seispés Producións Creativas e A banda da Loba VFX: Martín DeSoto Colorista: Pablo Pastoriza Xefas de produción: Andrea Porto e Marcela Porto Maquinista: Luis Porto Editor vídeo: Xoán Limón Equipo técnico: WELAB Guión e conceptualización: Pablo Fontenla e A banda da Loba Deseño gráfico: Xoán Limón, Martín DeSoto Maquillaxe: Nerea Sánchez Localización: A Estrada Colaboracións: TERRAE, SondoDance (Carlos Romero e Irene López), Club Ximnasia A Estrada (Sofía Mosteiro e Adrián Soliño). Patrocinio: Concello da Estrada. O Copión, Copistrada e Pastelería Petiscos. Grazas tamén ao resto de persoas que se animaron a figurar nesta tolemia! Música e letra: A banda da Loba e Terrae Produción musical: Arturo Vaquero Masterización: Abrigueiro estudios Letra da canción: Porque un día todo é branco e ao seguinte todo é negro. Porque cando pecho os ollos ti es o único que vexo. Porque me esquecín de min por priorizarte a ti. Porque ninguén nos ensina que ao amor non se xoga así. E búscote na lúa, e búscote no mar, e os olliños choran de tanto buscar. Porque nada é branco ou negro, que hai matices polo medio. Porque cando pecho os ollos podo ver o mundo enteiro. Porque agora penso en min e tamén o fago en ti. Porque gañei a partida, a estratexia foi sentir. E búscome na lúa e búscome no mar. E búscome na lúa e búscome no mar, e os olliños brillan ao me atopar. E búscome na lúa e búscote no mar, e os olliños brillan ao nos mirar. E búscome na lúa.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.