142
Publicado o 2025-06-13

Hai vinte e pico de anos botei unha tarde detrás de miña tía Pepita e de meu avó Enrique pedíndolles que me recitasen as coplas que recordaban, de cando se cantaba e iso. Rescatei catro delas para que formasen parte desta canción de PAVA, á que eu lle engadín unhas estrofas que se esforzan por deixar ben claro que se trata dun legado importante pola cantidade de vida e beleza que contén. Pouca poesía culta emociona tanto coma esta nosa poesía popular. Non facía falta escusa para volver a estas coplas ou a calquera outras, pero o feito de que neste 2025 as Letras Galegas homenaxeen a poesía popular oral, fixo que fose un bo plan armar este tema xunto con Analís, David, Pablo e Ju. Se queres que vaia verte de noite polo luar has de matar a cadela que non fai senón ladrar Cando pensei que te tiña para o meu lindo regalo tíñate nas mans de outra co pensamento mudado Non te quero polo pelo nin tampouco pola roupa quérote porque na cama conmigo te vuelves loca Imaxina que en cen anos alguén canta esa canción que hoxe fai que me pregunte que sobrevivirá de nós? De nós han quedar oito sílabas A muller de Roque Troque está bailando na eira Roque Troque está mirando como a muller se peneira A beleza é vinculante nese xeito de dicir que hai unha muller suando na aldea onde non nacín Imaxina que en cen anos alguén canta esa canción que hoxe fai que me pregunte que sobrevivirá de nós? Cabe a vida e máis en oito sílabas

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.