5.5K
Publicado o 2014-04-25

LETRA:Meu amor vive na rúa de San Pedro e o noso vai acabar no peor, pois a miña obrafobia suburbana tenme paralizado co terror Cortexala e imposible pola miña síndrome de abstinencia peatonal, e me sinto coma en terra de ningures durante a Primeira Guerra Mundial Ás veces eu teño medo dun ferro poder cravar, caer nun fochanco negro sen final Que saian monstros do averno de tanto e tanto furar, mutantes coa ideoloxía de Currás Conseguín entrar na rúa de San Pedro, estaba preparado para amar pero os Axentes Urbanistas do concello tamén me puxeron a traballar Meu amor vive na rúa de San Pedro, e eu vivo escravizado coma un can, mentres pico pedra ela cae nos brazos dun atractivo erasmus alemán Meu amor vivía na rúa de San Pedro agora falsifica gaitas no Xapón, e a rúa segue morta e desolada o mesmo que o meu propio corazón

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.