2.7K
Publicado o 2014-11-12

Primeiro video clip extraído do novo disco de GUADI GALEGO "LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO", á venda o 25 de novembro de 2014.Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada."Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender."Lúas de Outubro e agosto" gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes."Lúas de Outubro e Agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.