675
Publicado o 2022-10-21

https://www.aregueifa20.net/ Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Nesta nova entrega acompañamos a O'LEO DE MATAMÁ nunha antiga fábrica que foi o escenario perfecto para invocar aos espiritos de Woody Guthrie, Pete Seeger, Suso Vaamonde e mesmo Robert Johnson. A poesia, o folk e o blues de Leo ecoaron con forza nesas vellas paredes que son Historia viva con catro cancións novas. Unha interpretación dende as entrañas nas que o noso Billy Bragg patrio puxo música a versos de Afonso X, O Sabio (Non me posso pagar tanto), Celso Emilio Ferreiro (Setembro, 1972 II), Curros Enríquez (A Rosalía) e Heriberto Bens (Hespaña).

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.