1.3K
Publicado o 2018-12-20

Daquela o mar tiña un sabor amargo, daquela mesturábanse entre bágoas os exilios e as soidades. Daquela foron as guerras, o traballo, a fame ou a propia vontade. Daquela non cesaban os disparos, e os berros estaban a orde do día. Algúns, algunhas subían sen pasaxe, pensando no futuro e sen abrigo. Daquela, dicían “xa virán tempos mellores”, daquela aínda se pasaba fame. O peor de todo é que vou a violar a realidade e afirmar que, daquela non quedou tan pasado, que a néboa que formaron foi tan só pra vestirnos de entroido e facernos crer que dende aquela, a democracia aínda non ten liberdade, e que se aínda fose democracia, existiría a expresión. E agora, excusamos dicíndonos: “eses foron outros tempos”. Pauliña

Videoclip do tema "Eu vin o mar chorar" do novo EP de Pauliña: "Decideu non ser de ninguén"

Colaboración: Valtònyc

Dispoñible xa en tódalas plataformas dixitais.

Segue a Pauliña en:

Facebook: https://www.facebook.com/paulinhachav...

Instagram: https://www.instagram.com/punkita_

Gravación, realización e montaxe