4.9K
Publicado o 2019-11-28

“Mariluz” é un tema inspirado nunha escena da obra “Elisa e Marcela” de A Panadaría. Unha canción que nace fai dous anos como algo anecdótico e que MJ decide sacar adiante facendo que cobre outra dimensión. Deste xeito, “Mariluz” foi o pretexto ideal para facer unha colaboración especial entre A Panadaría e MJ Pérez. Este videoclip foi gravado en dúas partes: unha en xaneiro de 2019 e outra en outubro deste mesmo ano. Co humor e a ironía como arma, “Mariluz” convírtese nunha ferramenta de crítica. É unha critica ás cidades escaparate, que agochan a precariedade e a exclusión social, así coma á tendencia xeral de buscar o artificio e a sorpresa, quedando só no superficial. Este tema é un adianto que formará parte do novo disco de MJ Pérez que leva por nome “A LUZ PRENDIDA” e que sairá a inicios de 2020. Unha produción de A PANADARÍA e MJ PÉREZ. Gravado e Editado por MIKA AUDIOVISUAL. No referente á música, é un tema orixinal de MJ Pérez que conta coa colaboración especial de: Ailén Kendelman (Batería e Percusión), Laura Romero (Baixo), Richi Casás (Saxo Tenor, Saxo Alto, e arranxos dos ventos), Paula López (Tombón) e María Prado (Trompeta). Guitarras e Voz: MJ Pérez. Gravación, Edición e Mistura: Iago Blanco. Producido en Drum & Roll Studios. Colaborou tamén Eloy Vidal.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.