1.4K
Publicado o 2020-01-30

Falan de ti é o segundo single que MJ presenta como adianto do que será o seu novo disco. Un tema que parte dunha esencia acústica, a guitarra e voz de MJ, á que se lle suma o baixo de Laura Romero e as percusións a cargo de Ailén Kendelman. Todo isto envolto por uns ventos dirixidos por Richi Casás, que interpreta tamén o saxo tenor e alto, e completa a sección María Prado na trompeta xunto con Paula López no trombón. Con tintes latinos, mais sendo fiel á súa esencia, MJ marca un punto de inflexión que nos encamiña cara o que poderemos atopar no seu novo disco: A Luz Prendida. Gravación, Edición e Mistura: Iago Blanco. Producido en Drum & Roll Studios. Colaborou tamén Eloy Vidal. VIDEOCLIP: Producido por MJ Pérez no que colaboraron Miguel Grandío (Gravación), Cristina Padín e Alejandra Del Río (Produción). Foi gravado en diferentes recunchos da cidade de Santiago de Compostela e tamén na sala Borriquita de Belém.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.