345
Publicado o 2020-12-04

Presentación oficial do novo EP adianto do disco Popsía volume I de Fran Amil. Este EP está integrado por 3 cancións novas: Aleluya (sobre texto de Ramón María del Valle-Inclán); Rosa das rosas (sobre texto de Alfonso X El Sabio); e Candeloria (sobre texto de Luis Amado Carballo) A adaptación dos textos é de Carlos Amil e Fran Amil e a música é de Fran Amil e Carlos Amil. O EP chega en decembro de 2020, como segundo e definitivo adianto do novo disco de Fran Amil, titulado Popsía volume I, que será presentado nos primeiros meses de 2021. Nesta ocasión podemos degustar tres novas alfaias da poesía de autores galegos dende o medievo ate os nosos días. O album gravóuse en Abrigueiro Estudios, por Arturo Vaquero, en febreiro de 2020, cun adianto de dous temas (Negra sombra e Ondas de San Simón) gravados en xuño de 2019 no mesmo estudio. A produción musical corre a cargo de Carlos Amil. O deseño gráfico é de Brais Fierro sobre unha idea de Carlos Amil. Nas cancións do EP aparecen: Fran Amil: batería, percusións, teclado, voz principal e coros. Paco Cerdeira: guitarra eléctrica e guitarra acústica. Antón Torroncho: Baixo eléctrico. Ricardo Casás: Saxo alto, saxo soprano, saxo tenor. Manu Payno: Trompeta. Francisco Rosa: tres cubano. Fernando Román: gaita. Álex Salgueiro: Rhodes, Farfisa, Wurlitzer e piano. Ángeles Dorrio e Carmen Rey: coros. Máis información en : Web : www.chuchesamil.com Facebook: https://www.facebook.com/Fran-Amil-95... Tweeter: https://twitter.com/ChuchesAmil