354
Publicado o 2021-05-17

Letra por Xela Arias: Monólogo Adicto 3 Xa non teño fala Despois de recorta-los verbos quedei sen lingua Á que atender A nosa inmensidade remata un centímetro á redonda Non fales comigo Deixei á posta o código Nas escaleiras de entrada ás casas Recortei,coma quen non quere, os ámbitos Case me perdo,meu,entre os paseantes Así que, recortei os ámbitos Agora teño un idioma inclinado nas entrañas E perdín para botalo fóra todo interese ¿Que máis me ten que a min me entendas? Marcho Iso pode exasperarte Mais non perdas coidado Vou para voltar co cinto recollido na cintura do meu amor Marcho Así como marchei a miúdo a brincos de min Por uli-los tempos de casas que non vin ou non están Que abandonei ou deixei xa entregadas ó meu desprecio... Marchemos Énchome de estupor e sen remedio volto a min Se da invención amañezo atristurada Porque as caixas non coñezan o dolor Debo marchar Marchemos,por marchar Ó fondo dos insultos e probar Que perder pé aínda é a ambición precios

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.