366
Publicado o 2021-06-02

A tribo galega esta feito por Raíñas en maio de 2021. Raíñas somos MisterMyr e Patty Castro. Neste tema colaboramos con dúas grandes voces e persoas: Aldara e Ariadna Martínez Castro. Tema esta adicado a tódol@s cativ@s , para que a lingua galega medre e floreza nas súas gorxas e poidan berrar, rir e falar na lingua que nos da a identidade por moitos anos. Tamén para @s grandes escritor@s e poetas, labreg@s, mariñeir@s, mestr@s, artistas que conforman a nosa tribo galega. A TRIBO GALEGA Escoito un murmurio , é a terra que medra en nós. Queimada dos montes, da fala dos meus avós. Os toxos marelos labregos, sol e calor. Regatos pequenos, latexos do corazón. Xente do mar,de mans enredadas. Doman as augas , danzan coas algas. Alzan menceres de nasas cargadas. Estrelas que brilan na fronte empapada. Galiza somos nós , a xente mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala. A chave que nos abre, o mundo e a mirada. Sen lingua, a nosa forza non serve para nada. Nas vilas a choiva batendo nas pedras. As mestras ás sombras combaten con verbas. Resonan nas prazas, zanfonas, regueifas. rebordan de vida , cos cantos da terra Soñemos con cores, dar forma á madeira. Nas teas, durmindo, as musas esperan. Meniños nos berces, futuro, prospera Florece nas gorxas, arraiga e queda. Galiza somos nós , a xente mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala. A chave que nos abre, o mundo e a mirada. Sen lingua, a nosa forza non serve para nada. Nos queren sumisos , confusos, perdidos. Cortarnos a lingua, quitarnos os fillos. Loitemos , ¡xenreira! GUERREIRAS UNIDAS ¡A TRIBO GALEGA XAMAIS POR VENCIDA! Galiza somos nós , a xente mais a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala. A chave que nos abre, o mundo e a mirada. Sen lingua, a nosa forza non serve para nada. Letra: Patty Castro Música: Aarón "MisterMyr" Silva --Prod. MisterMyr--

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.