378
Publicado o 2021-06-02

AVISO IMPORTANTE: É a primeira vez que canto en francés, polo que agardo que teñades compaixón de min ;) Comparto unha nova cover: “Anxiété” de Pomme que fixen con todo o cariño e respecto. Un gran tema dunha artista enorme. Para min todo un reto, aprendín moito preparando isto e tamén descubrín cousas novas. Como xa contei anteriormente, cando fago unha “cover” é porque o tema ou artista que versiono ten algún tipo de significado ou sentido especial para min. Podo dicir que descubrir a Pomme salvou o meu 2020 e rápidamente namorei da súa música e do seu gran talento. Ela é un gran referente e inspiración. Coa intención de achegar a súa figura a este recuncho e de espertar curiosidade en torno á súa música, nace esta “cover”. Agardo que vos guste! Cover:  Tema orixinal: "Anxiété" - Pomme (https://open.spotify.com/artist/6e3pZ...)  Gravación: MJ Pérez ? Mistura e Máster: Iván Bernardez  Vídeo: MJ Pérez

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.