351
Publicado o 2021-11-02

Os Vacalouras - Acacia NegraVideoclip realizado por Sandra Romero & Os Vacalouras Gravado no monte da Guía (Teis) A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar. Os amoriños primeiros son moi malos de olvidar. Non se trata do teu caso porque o teu aínda é peor, ademais de mala herba tes carácter invasor! Podes ser un eucalipto! Ou quizais unha mimosa! (NON!) Mais das plantas australianas é la peor de todas! Es como unha acacia negra, cousa Invasora. Non hai xeito nin maneira de botarte fora! Es como unha acacia negra Cousa Invasora! Meu desexo é erradicarte Non me chega a hora... É la Vespa velutina que aniñou ao meu carón, o sargazo xaponés que me afoga o corazón Foi un erro acacia negra ter contigo relación, como Hitler con Polonia invadíchesme a traizón! Podes ser un eucalipto... Es como unha acacia negra... Pero non me importa pois no fondo me compensa, invádeme por dentro, rompe o meu ecosistema! Teu amor é como o lume que a finais de verán me queima. Terte preto é unha desgracia, así a todo... AÍNDA ME PRESTA!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.