399
Publicado o 2021-12-19

Segundo sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022 Gravación de Audio: Planta Sónica Estudios (Vigo) e A Carpintería Recording Studios (Nigrán) Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios) Coa colaboración de DJ Jano (scratches) e Antonio Rodríguez (trombón) Video dirixido por Titi Muñoz Cámaras: Juan A. García · Titi Muñoz Produción: La Fabrica De Humo Edición e Postprodución: Titi Muñoz Gráficas: Miguel Duarte Management: Iván de la Mata https://elgarajeproducciones.com/ Rider 1: Carlos Blanco Carrera Rider 2: Rubén González Costas Skater 1: Anna Uribe Aïs Skater 2: Carlos Álvarez Rdguez. Segurata: Adrián Alvarellos Agradecementos: Centro Social A Revolta Do Berbés, Roi, Proletarian Barrio Clothing, Woodtown, Novalbos, Radio Vigo, Cadena Ser, Salva Ronco e Maketón Maeloc LETRA Na túa mirada podo ver a dor e a digna raiba Imos escribir no aire palabras prohibidas e imos invocar ó vento para que as saque a bailar non caer no desalento non renunciar a soñar se ó lonxe aínda brilla unha estrela non a deixemos marchar Somos as fillas da xenreira e hoxe sairemos de arrasadeira 106 lustros de miseria que non imos esquecer no fondo dos sentimentos levamos tatuada unha estrela vermella e unha frase que reza só podemos vencer! A vosa ruína será o alicerce da vida Que a única lei que exista sexamos ti e máis eu camiñando sobre as cinzas ca única certeza de non querer fuxir pernoctaremos na trincheira Somos as fillas da xenreira e hoxe sairemos de arrasadeira non haberá que non deteña non haberá volta atrás A vosa ruína será o alicerce da vida Que a única lei que exista sexamos ti e máis eu camiñando sobre as cinzas ca única certeza de non querer fuxir pernoctaremos na trincheira Hoxe podería ser a noite da que che falei hoxe podería ser a batalla da que che falei hoxe podería ser a derradeira Imos escribir no aire palabras prohibidas e imos invocar ó vento para que as faga inmortais non caer no desalento non renunciar a soñar se ó lonxe aínda brilla unha estrela non a deixemos marchar

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.