435
Publicado o 2021-12-28

O Apalpador é o adianto do que está a argallar #MrKamándula , un xeito de felicitarvos o #Nadal. O #Apalpador foi gravado e masterizado por Mahi Ferradás en Cimática Studio (https://www.instagram.com/cimatica_st...) Este videoclip foi realizado por PixelínPhoto (https://www.instagram.com/pixelinphoto) na praia fluvial de Tapia (Ames) e en Beade (Rois). Agradecemos a especial colaboración de Aldara, Lucas e Rufus, así como á familia Bouzas-Pérez e Salas-Pérez O deseño do apalpador corre a conta de maiDese (https://www.instagram.com/mai_dese) LETRA ALÍ ENRIBA NAQUELA CIMA VELO AÍ VEN FUMANDO EN PIPA TRAE UN BASTÓN, TRAE UNHA BOINA PÁSASE A VIDA FACENDO CARBÓN PARA ESCORRENTAR O DURO INVERNO A BARBA RUBIA DEIXOU MEDRAR TRAE AGASALLOS, TRAE CASTAÑAS TRAE AGUINALDOS PARA OS NENOS BOS AÍ O VEN , O APALPADOR TOCA BANDULLOS, LEVA CARBÓN AÍ O ESTÁ, O APALPADOR DEIXA CASTAÑAS, REPARTE AMOR (x2) VEN DO COUREL SUANDO A PICHO PARA REPOÑERSE BEBE DUN BOTIXO EN NOITEBOA, EN NOITEVELLA EN CADA LAR ENTRA POLA CHIMENEA PARA ESCORRENTAR O DURO INVERNO A BARBA RUBIA DEIXOU MEDRAR TRAE AGASALLOS, TRAE CASTAÑAS TRAE AGUINALDOS PARA OS NENOS BOS AÍ O VEN , O APALPADOR TOCA BANDULLOS, LEVA CARBÓN AÍ O ESTÁ, O APALPADOR DEIXA CASTAÑAS, REPARTE AMOR (x2) SOLO AÍ O VEN , O APALPADOR TOCA BANDULLOS, LEVA CARBÓN AÍ O ESTÁ, O APALPADOR DEIXA CASTAÑAS, REPARTE AMOR AÍ O VEN, O APALPADOR!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.