480
Publicado o 2023-11-24

Videoclip oficial da canción "Non é casual", a primeira que lanza Zënzar co gallo da xira 35 ANOS BOURANDO. "Non é casual" é un tema que xorde da necesidade de poñerlle humor a unha serie de problemas que os cinco membros da banda foron atravesando durante un tempo, e que obrigaron a baixar o ritmo do proxecto Zënzar en xeral. · Realización e animación do stopmotion: Iris Branco [www.irisbranco.com] · Música: Zënzar · Letra: Manolo García · Gravación de son, mestura e masterización: Paco Cerdeira. - www.zenzar.info - www.planctoxestioncultural.com LETRA No día das penurias, roturas, contracturas, desghana sexual. Non é casual! No día da penurias, saiume unha roncha de non rascar a concha. Non é casual! No día das penurias alopecia craneal. Fallo neuronal: non é casual! NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO! NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO! NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO! ALGHÉN NOS QUERE MAL! No día das penurias, deixar de fumar. Comer sen sal séntame fatal! No día das penurias, non podo mexar, cansancio crónico. Non é casual! No día das penurias entroume a depresión. Preciso un colocón para sanar. NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO! NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO! NON É CASUAL, NON É CASUAL, NON É CASUAL... ESTO!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.