139
Publicado o 2024-04-20

Xoguei ao fútbol dende ben cativa, sempre foi unha das miñas grandes paixóns. Xogaba con moitas ganas e moito corazón, mais os meus referentes eran todo homes, porque non coñecía outra cousa. Son deportivista dende que teño uso de razón e durante moito tempo tiven a sorte de poder acudir a Riazor para ver ao Depor. Despois, cando me xuntaba nos adestramentos cos meus compañeiros, mentres eles soñaban con algún día ser coma aqueles xogadores que admiraban dos seus equipos eu vía coma unha quimera soñar con vestir as cores do meu equipo. O nacemento de #AsNosas é moito máis ca un mero equipo, é moito máis ca mero fútbol. É un punto clave de referencia para o fútbol feminino galego (que garda moito potencial), é ao fin ter referentes que, ademais, vistan as nosas cores. Si, foron elas as que me inspiraron, pero foron tamén tantas e tantas compañeras que estiveron e xa non están, que agora animan dende a grada, as que todavía seguen loitando por dedicarse profisionalmente a este deporte e as que están por vir. Fixemos un camiño onde antes non tiñamos un lugar, superamos obstáculos e lidamos con centos de estigmas e só polo mero feito de gustarnos este deporte. Fíxose moito, pero quede moito camiño por andar, queda "tanto por loitar..." que a canción non podía levar outro nome. Para levar a cabo isto tiven a inmensa sorte de ter unha equipa de complices e grandes músicas, moito talento: Unha canción orixinal de MJ Pérez Producida por: Peter Petrowski Coa colaboración especial de: Ailén Kendelman na percusión Alberto Romero no tres cubano Richi Casás no saxo tenor, saxo alto e dirección da sec. de ventos Xiana Naval no trombón Luis Miguel Crespo na trompeta Sara Gallego na narración do gol VIDEOCLIP: MJ Pérez (ata as 4 da mañá que estiven! desculpade se vai algún erro) Se liches ata aquí: GRAZAS! Comparte para axudarme a chegar a máis xente!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.