323
Publicado o 2024-05-08

“Milagre económico” é o primeiro avance do novo traballo de Familia Caamagno. Un tema afíado e agresivo dentro dos mimbres do power pop de corte post ramoniano. Unha canción con vocación de himno coreable por unha xeración marcada pola desilusión e o fastío ante o apetito voraz do turbocapitalismo. “Milagre económico” invítanos a reflexionar sobre o traballo e o esforzo, todo elo marcado polo carácter cínico e amargo das letras dos galegos Familia Caamagno. Gravada e masterizada en El Castillo Alemán por Carlos Hernández. Un videoclip dirixido por Xaime Miranda

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.