209
Publicado o 2024-11-12

O videoclip, realizado por Pixelin Photo, foi gravado nas inmediacións da capela de San Mauro, en Ames. Curiosamente un dos edificios que sae no video, situado ao lado desta capela, é unha antiga escola cuxa construción foi financiada por veciños do concello de Ames emigrados na Arxentina. Este tipo de axudas dende a diáspora eran moi comúns en tempos de necesidade, e son unha mostra de quen nunca esquece as raíces, aínda con miles de quilómetros polo medio.

 

É a nosa terceira colaboración con Pixelín, despois do Apalpador e Nove meses. Estas cancións tamén foron gravadas en Cimática studio (Cerceda) e a portada foi feita por mai_dese.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.