Videoclip do novo sinxelo de Deleiba "Da Mesma Suor". Contido no novo álbum da banda, Ao Revés Do Mundo, dispoñible en xaneiro de 2025. Gravado en Muros en novembro de 2024. CRÉDITOS VIDEOCLIP Produtora: el membrillo Dirección: Dani Pérez Produción: Bastian Rodríguez e Elías Rodríguez Auxiliar de produción: Manuel Gil DOP: Pedro Galbán Foquista: Thomas Schwarz Gaffer: Alex Koch Dirección de arte e vestiario: Julia Amigo Auxiliar de arte e vestiario: Antía Amigo Protagonista: Selene Romero Rental: Filamento iluminaciones e Veinticinco Producciones ?Colaboran: Concello de Muros, Muros Cultura, Distribuciones Eleuterio Balayo, Tukasa Muros, Hotel Restaurante A Muradana. ?Agradecementos: Deportes Antonán, Bar O Pouso. Moitas grazas á xente de Muros e arredores que participou no videoclip. DELEIBA Voz: Germán Mosqueira Guitarra: Alberto Romero Guitarra: Denís Lamela Baixo: Jesús Saborido Batería: Mauro Gómez PRODUCIÓN MUSICAL Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pouland Studios DESEÑO Miguel Duarte CONTRATACIÓN Toxo Verde Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. LETRA Esperta do teu sono, e ponte a bailar. Debuxando sorrisos, colléndonos da man. Segues medrando no profundo da túa terra. Loitando para non ter que marchar. Coas mans cheas de area deitados fronte ao mar. Aferrarme á túa pel ata verte brillar. Deixa un ronsel na túa travesía. Rodeado de xente que agora é familia. Quedan raios de esperanza na túa mirada. De distinto sangue pero da mesma suor. Non. Non hai verdugo nin xuíz que confisque os teus logros. Non deberán, non poderán quitarche as gañas de vivir. E, mentres, sigo aquí. Consolando as nosas derrotas, celebrando as túas vitorias. Aprendendo de ti. Procurando que nunca sexas infeliz. Deixa un ronsel na túa travesía. Rodeado de xente que agora é familia. Quedan raios de esperanza na túa mirada. De distinto sangue pero da mesma suor. Pero da mesma suor.