EGOS é o novo traballo de SUN IOU. Unha crítica ao narcisismo e á hipocrisía que domina o mundo contemporáneo e, ante todo, unha sinfonía que anima ao empoderamento persoal e colectivo. Música e letra: SUN IOU Gravación: Mikele Fagá Mestura e mastering: Peter Petrowski. Videoclip: Mika Audiovisual. Axudante: Cao de Mos Gravado en decembro do 2024 na sala Rebullón (Mos) Letra: Síntome viva e anque vou á deriva Non me desespero Non me importa Estou pechando a porta Do teu labirinto de misterios Ti de que vas Cres que vales máis Pros que te rodean estás cego Non ves máis nada que o teu ego Un muro de hipocrisía Disfrazando a tiranía. Uooo.. Non me metes medo Vou cara onde quero E xa non me confundo Non conseguirás Que dea un paso atrás Podes aforrarte os teus discursos Deixa de incordiar Non te estás a enterar Por este camiño estás prohibido Así que date por vencido Rendidos ante o abismo Cegados por espellismos Arraigados na humildade do distinto Nós non esquecemos nunca de onde vimos Botei abaixo o teu castelo Eu non preciso reis E marcho se medo Agora sei Que non quero máis Do que ti me das Non quero mais Xa non quero máis… Eu non quero máis… Xa non quero máis…. Non quero máis!